Unha cosmética ecolóxica galega feita con ingredientes frescos; INIMITABLE e ÚNICA. Tan natural como a túa propia pel. Así, SEN LETRA PEQUENA.
Se hai algo do que nos debemos sentir orgullosos é da nosa liña de cosmética natural certificada facial formada por LAVADELA (o noso limpador todo nun), LUSCOFUSCO (a nosa crema anti-idade), BICO&BÁGOA (o noso contorno de ollos e beizos), FERVENZA (a nosa crema hidratante) e BRÉTEMA (o noso sérum facial) son a insignia da nosa marca. Sabías que todos os nosos produtos son 100% fabricados no país? Ademáis, todos os nosos produtos son unisex e están testados en todo tipo de peles (non é un feitizo… é ciencia, anque un pouco de maxia sempre engadimos ao fabricar). Por suposto: naturais, ecolóxicos, veganos, non testados en animais e libres de plástico. Marca a diferenza! Somos a RE_evolución BIO.
Somos a túa marca galega
Levamos Galiza ao máis alto. A única marca galega con máis de 10 premios internacionais: os Orgànics Clean
Awards e os Beauty Shorlist Awards.
Natureza e ciencia a partes iguais. Cosmética Natural, Sostible e Solidaria.

Cosmética vegana corporal galega con 3 produtos para todo tipo de peles e apta para toda a familia.
A nosa liña de cosmética natural certificada corporal galega está formada polo noso champú MORRIÑA de TROMENTELO (agora tamén en formato sólido para tódolos cabelos), o noso xel de baño MORRIÑA de ARROIAR e ALOUMIÑO, o noso leite corporal. Por suposto: naturais, ecolóxicos, veganos, non testados en animais e libres de plástico. Marca a diferenza! Somos a RE_evolución BIO.
O AGASALLO PERFECTO para calquera época do ano. Acerta sempre: os nosos cosméticos son para todas as peles.
Regala (ou agasállate) cosmética natural galega e regala solidariedade. Coa compra dos nosos packs estarás a contribuír en colaboracións que realizamos con diversas asociacións (en favor dos animais e o coidado dos montes galegos). Únete á RE_evolución BIO!
Dendo o rural, loitando por mundo mellor! Aquí contámosche un pouco máis sobre nós e as accións que realizamos.










