MORRIÑA DE ARROIAR xel de baño – cosmética natural certificada. A súa fórmula delicada contén un 99% de ingredientes naturais, moitos deles provenientes da agricultura ecolóxica, e inclúe multitude de extractos e aceites esenciais que non só eliminan eficazmente as impurezas e células mortas, senón que tamén axudan a coidar intensamente a pel do noso corpo.
Axuda a rexenerar os tecidos e achega unha suavidade e elasticidade que che farán sentir máis cómodo que nunca na túa propia pel. E ademais, ten un aroma natural agradable e delicado a melón que che transportará ás paisaxes naturais máis exuberantes.
Como se utiliza?
Aplica unha pequena cantidade do xel de baño – cosmética natural – sobre a pel humedecida, masaxea suavemente por todo o corpo e aclara con abundante auga. Os nosos produtos de cosmética corporal natural están indicados para todo tipo de peles e para toda a familia, mesmo para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Cales son os seus ingredientes activos principais?
- ALOE. Ten un alto contido en saponinas, que penetran nos poros e eliminan eficazmente a sucidade e as células mortas, ademais de ter propiedades antisépticas para manter a saúde da nosa pel. Alivia os síntomas das peles sensibles, descamadas ou arroibadas grazas aos fitoesteroles e estimula o crecemento de células sas. É rico en como o calcio, fósforo, potasio, zinc, magnesio e cobre, que nutren intensamente e teñen propiedades antiinflamatorias. Grazas a este ingrediente prodixioso, a nosa pel estarás máis sa, hidratada e radiante.
- MELÓN. O melón posúe un alto contido en colágeno, que axuda a rexenerar a pel e os tecidos, dándolles unha aparencia máis nova. Posúe propiedades nutrientes e cicatrizantes, promovendo a rexeneración celular e eliminando molestias como proídos ou descamación.
- CAMOMILA. A camomila ten propiedades descongestivas e suavizantes grazas ao seu contido en aceites esenciais e flavonoides. Coida a pel sen alterar o seu manto hidrolipídico nin o seu pH. Perfecta para peles sensibilizadas, irritadas e deshidratadas. Descansa e relaxa a pel e ten unha potente acción detoxificante, depurativa e antiinflamatoria, deixando a nosa pel tonificada e purificada, e axudando ao resto de ingredientes a penetrar dunha forma máis profunda na nosa epidermis.
- PASSIFLORA. Cun alto contido en vitamina A e vitamina C, é ideal para manter a pel saudable, firme e nova. Compleméntase con minerais como potasio, cobre, magnesio, calcio e fósforo, e unha gran cantidade de ácido linoleico, reducindo a inflamación e a irritación. Axuda a restaurar a función de barreira da pel, retarda a descomposición do colágeno e regula a produción de sebo.








Reseñas
Aínda non hai valoracións.