FERVENZA, crema facial hidratante – cosmética natural certificada. Os seus ingredientes estrela son o extracto de cogombro fresco (repleto de vitaminas C e B e minerais) os aceites esenciais, vitamina F, extractos de plantas e ceras florais, que lle confiren o poder de acougar a pel, hidratala en profundidade e combater manchas e hiperpigmentación.
FERVENZA é un básico que non pode faltar na túa rutina, cunha eficacia visible case inmediatamente e unha densidade perfecta para alimentar a túa pel sen sensación graxa. Especialmente recomendada como paso previo á maquillaxe, para conferirlle ao mesmo un aspecto máis natural e fresco, e como último paso da túa rutina antes de saír de casa, xa que che axudará a protexer a túa pel e a mantela cómoda e flexible durante todo o día.
Cómo se usa?
Aplícaa mañá e noite sobre a pel limpa e seca, incidindo tamén sobre pescozo e escote, para tratar a deshidratación que se produce nesas zonas e evitar o seu envellecemento prematuro.
Para potenciar ao máximo os seus efectos e completar a túa rutina de coidado diario da pel, utiliza antes o noso sérum hidratante anti-idade BRÉTEMA. O noso contorno de ollos e beizos hidratante anti-idade, BICO&BÁGOA, e prepárache para unha experiencia integral de benestar e reparación. E por suposto, se vas saír de casa, lembra rematar a túa rutina cun bo protector solar.
Cales son os seus principais ingredientes activos?
- EXTRACTO DE COGOMBRO. Con destacables propiedades hidratantes, conseguen manter un nivel óptimo de auga na nosa pel. Posúe unha potente acción antioxidante que axuda a reducir os radicais libres e previr o envellecemento prematuro e revitalizar a pel. Rico en vitamina A (retinol), vitaminas do complexo B, vitamina C e E, e folato. Tamén contén minerais, como o fósforo, potasio, zinc, magnesio, sílice e manganeso. Acondiciona, suaviza, calma, refresca, nutre e hidrata en profundidade. As súas propiedades astrinxentes axudan a reducir a aparencia dos poros e a regular os brillos, grazas á súa acción seborreguladora. E aínda por riba, é eficaz en casos de rosácea e eccema, reduce a hinchazón e axuda a combater pequenas manchas e pencas.
- ACEITE DE AMÉNDOAS DOCES. Un ingrediente natural perfecto para a nosa crema hidratante, xa que axuda a reter a humidade da pel en capas máis profundas. É antiinflamatorio e emoliente, axuda a acougar e reparar a pel danada ou irritada, e afectada por problemas de ansiedade e estrés. Restaura o PH da pel, tonificánoa e achegándolle unha luminosidade natural preciosa. Axuda na eliminación de manchas e marcas e reduce notablemente o aspecto de pequenas engurras. Protexe de axentes externos daniños como a polución ou a radiación solar (sen ser fotoprotector).
- ACEITE DE ROSA MOSQUETA. Rico en ácidos graxos esenciais, como o omega 3, omega 6 e acedo linoleico, ademais de vitaminas A, C ou E e antioxidantes naturais como o retinol, todo un luxo para a túa pel cunha lista interminable de propiedades: Hidrata, reafirma e repara; é antioxidante e antiinflamatorio, axudando a rexuvenecer e acougar a pel. É un potente rexenerador celular que axuda á cicatrización e a minimización de manchas, marcas de acne, cicatrices, estrías, engurras e liñas de expresión. Nutre en profundidade, axuda a conseguir un ton uniforme, tonifica, tensa e revitaliza as peles máis apagadas e cansas.
Máis información dos nosos produtos e novidades nas nosas redes sociais.








Reseñas
Aínda non hai valoracións.