ENVÍO RÁPIDO | GRATIS PARA ≥ 49€

Rutina diaria facial con produtos de Cosmética Natural Galega para peles con experiencia (peles maduras)

Rutina facial pieles con experiencia

Sabías que a partir dos 25 anos a pel empeza a perder colágeno? Non cho dicimos para que entres en pánico, pero si para que teñas en conta que usar produtos de cosmética preventiva pode axudarche moito a manter a túa pel firme e elástica durante moitos máis anos.

Usar produtos específicos que promovan a produción de colágeno, nutran en profundidade e axúdennos a manter un aspecto máis novo na nosa pel é recomendable, tanto para peles novas que queiran empezar a combater os primeiros signos da idade, como para aquelas peles con experiencia, que buscan produtos eficaces na loita contra alteracións como liñas de expresión, manchas ou engurras.

E como en Herbolario Bio gústanos facilitarche a vida, queremos axudarche a construír unha rutina diaria moi sinxela, pero á vez moi eficaz. E, por suposto, con produtos de Cosmética Natural Galega, Ecolóxica, cruelty free, veganos, unisex e para todo tipo de peles.

Cos nosos cosméticos naturais galegos para peles maduras atoparás todo o que necesitas para unha rutina diaria completa de coidado facial específico para peles maduras, ou, como che comentabamos, para peles que busquen un tratamento intensivo de prevención dos primeiros signos da idade.

Xa tes os produtos necesarios, pero imos facernos como bos galegos unhas peguntas antes de mercar… Porque se algo nos fai sentir fermosos é poder lanzar este proxecto dende o corazón de Galiza, no rural.

Como constrúo unha rutina facial ideal con eles?

É sinxelo! Porque antes de ser unha marca galega de cosmética natural tamén perdíamos a paciencia con rutinas longas que acabas deixando a un lado ao cuarto día. Somos a RE_evolución da cosmética sostible, e por iso, os nosos produtos unen natureza e ciencia a partes iguais para facer uns cosméticos agradables, e facer con eles rutinas faciais que non superen os 5 minutos. Alá imos coa explicación:

Primeiro comenza co noso limpador facial LAVADELA.

Cun só un produto conseguirás limpar de forma efectiva e delicada todo o rostro (ademais, está testado en todo tipo de peles). A mellor limpeza, e xa sabes que ademáis desmaquilla, revitaliza e hidrata.

2. Segue a rutina co o noso sérum hidratante anti-idade BRÉTEMA.

Aplica unha pequena cantidade mañá e noite na pel do rostro, pescozo e escote cunha lixeira masaxe ascendente para potenciar aínda máis a súa acción reafirmante e rexuvenecedora.

3. Continúa con LUSCOFUSCO, a crema facial para peles maduras máis recoñecida polas nosas clientas (e tamén polo xurado, que lle deron o premio á mellor crema anti-idade nos Orgànics Clean Awards 2020 e 2022 onde participaban cremas dos 5 continentes).

É unha crema anti-idade de día e noite, polo que o seu uso ideal é aplicala pola mañá e antes de ir dormir sobre a pel limpa e seca. Non te esquezas de incidir tamén sobre as zonas de pescozo e escote, que son especialmente delicadas e propensas á deshidratación e a aparición de manchas e engurras.

4. Marca a diferenza con BICO&BÁGOA, o contorno facial ecolóxico multifunción.

Aplica unha pequena cantidade mañá e noite (e tantas veces como creas conveniente) a toquecitos na zona do contorno de ollos e beizos.

Ten unha textura lixeira e de rápida absorción e é apta para todo tipo de peles. Achega hidratación sen sensación graxa.

5. Bonus track (sempre queda ben marcarlle algo en inglés jejeje…). O que ven sendo o noso refraneiro de toda a vida:

E aquí vai unha recomendación da casa (coma nos mellores furanchos) para que a túa rutina sexa digna de admiración por calquera experto en coidado da pel.

Antes de saír de casa, remata a túa rutina cun bo protector solar, preferiblemente con SPF50. Non importa a época do ano que sexa, se chove, está nubrado ou quenta o sol… O protector solar debería acompañarche os 365 días do ano para evitar léntigos, manchitas e outros signos de envellecemento prematuro asociados á radiación solar.

As peles maduras encántannos porque teñen moito que contarnos.

Cada marca, cada liña, é o reflexo dunha experiencia vital única e irrepetible, que enchen de personalidade e sabedoría. Estamos de acordo en que “a engurra é bela”, por iso non prometemos borralas por completo cos nosos produtos. Pero si che prometemos embelecer e encher de saúde o teu rostro, facerche sentir mellor na túa pel e axudarche a proxectar esa luz propia que tanto che caracteriza.

Hai lista de espera... Fai o teu reserva! Tan só debes indicarnos o teu email e a cantidade que queres reservar e avisarémosche en canto estea de novo en stock.