Cada vez temos ao noso alcance máis información acerca da importancia de crear unha boa rutina do coidado da pel, mesmo a idades temperás. As redes sociais e o acceso a internet tiveron un gran papel divulgativo neste sentido, pero é común que con tanta información resúltenos tedioso establecer o noso propio ritual, e atopar os produtos ideais para as nosas necesidades específicas.
Por norma xeral, a principal preocupación dunha pel nova é a falta de hidratación, e isto é aplicable para todos os tipos de peles, non só para as máis secas ou deshidratadas.
É habitual pensar que as peles graxas o último que necesitan é unha rutina hidratante… pero nada máis lonxe da realidade. Deixar unha pel graxa sen hidratar só conduce a un aumento na produción de sebo e á aparición de máis granitos e imperfeccións.
Constancia.
Debe de ser un dos ingredientes fundamentais da túa rutina de coidado facial, xa que é necesario ser constantes na aplicación dos produtos para que os resultados que obteñamos sexan óptimos e visibles. Se realizas a túa rutina cada mañá e/o noite, en poucas semanas comezarás a notar os seus efectos e beneficios.
Para axudarche a ser constante, o ideal é que bases a túa rutina en produtos “fáciles”, sen complicacións. Produtos todoterreo que sexan eficaces e cuxa aplicación sexa o máis sinxela e cómoda posible.
Os nosos produtos, ademais de ser Naturais, Ecolóxicos, cruelty free e veganos, son unisex e aptos para todo tipo de peles; con texturas lixeiras de rápida absorción que hidratan en profundidade sen deixar sensación graxa.
Pasos a seguir.
O primeiro paso de calquera rutina de coidado facial sempre é a limpeza. Usa un bo limpador facial para eliminar calquera rastro de sucidade da túa pel. Co noso limpador facial LAVADELA conseguirás limpar de forma efectiva e delicada todo o rostro (ademais, está testado en todo tipo de peles). A mellor limpeza, e ademais desmaquilla, revitaliza e hidrata.
Unha vez a nosa pel estea limpa e seca, pasamos a aplicar un sérum. Un produto lixeiro, pero con altísimas concentracións de ingredientes activos que ademais axudará a que os produtos que poñamos sobre el penetren máis profundamente na nosa pel e sexan mesmo máis efectivos. Nós recomendámosche que probes noso sérum BRÉTEMA, unha bomba de beneficios para a túa pel que mellora a elasticidade e a firmeza, recomendada para calquera tipo de pel e idade.
Agora é a quenda da crema hidratante. A nosa mellor elección é FERVENZA, unha potente fórmula de Cosmética Natural Certificada perfectamente equilibrada, capaz de acougar a sede da túa pel, nutrila e tonificarla nun só xesto. Eficaz, delicada e totalmente adictiva!
Para “rematar” a nosa rutina e facela aínda máis completa, engadimos un contorno, e non só de ollos, senón tamén de beizos. Así de completo é BICO&BÁGOA, un contorno global para ollos e beizos en textura sérum que prevén a formación de engurras e reduce a aparencia de bolsas e ojeras. Hidrata en profundidade, prevén e reverte o envellecemento da pel e achégalle un aspecto novo, recheo e luminoso.
E, por último, non esquezas de aplicarche un bo SPF se vas saír de casa, sexa a época do ano que sexa. Lembra que con este produto a cantidade é moi importante. Se generos@ e a túa pel agradeceracho.
E así é como, en poucos e sinxelos pasos, conseguimos achegarlle á nosa pel nova todo o necesario para mantela sa e radiante.
Agora disfruta dos nosos produtos recomendados para a túa rutina facial diaria de coidado da pel con Cosmética Natural Ecolóxica Certificada.



